…que vou facendo.
Rol en galego
- As Irmandades do Dado, unha comunidade adicada ao xogo de rol 100% en galego, e o seu servidor de Discord, onde ten lugar a actividade. Fundeino con Xurxo Diz e Maestra Paladín, pero ningunhe somos xa admins alí.
- Nas Irmandades, organicei as seguintes xornadas de rol online:
- As Xornadas Vas Dado / I Xornadas do Dado (2021)
- As I Xornadas das Letras (2021)
- …que incluiron o tradutón Xela Arias de material roleiro
- As I Volta ás Mesas (2021)
- As II Xornadas do Dado (2022)
- As II Xornadas das Letras (2022)
- As II Volta ás Mesas (2022)
- O sitio web xalundes, que recompila e comparte todo o material de rol en galego que atopa.
- O xogo de rol A través da Mar Infinda, tradución ao galego do xogo Across the Endless Sea, de Luke Jordan.
- O texto informativo Ferramentas de seguridade no rol de Xalundes, en colaboración con Xurxo Diz e Maestra Paladín.
- A lista de reproducción Luces, cámara e… ROL! (actualmente, baixo o paraugas das Irmandades do Dado), onde recompilei durante un tempo as partidas de rol publicadas en Youtube que ían aparecendo.
- A mesa redonda Rol de hemen, enllà y acolá: Rol en las lenguas minorizadas de la Península, que moderei e que foi parte da programación da HispaCón 2021.
- A ponencia Días do futuro pasado – Unha historia do rol en galego, na que din a réplica a Xurxo Diz e que formou parte da HispaCón 2022.
Máis rol
- As xornadas de rol Trols nos Castros, un evento presencial, que axudei a organizar. Polo momento, houbo dúas edicións:
- Trol nos Castros. Tivo lugar en xullo de 2024, na libraría A Tobeira de Oza (Os Castros A Coruña). Organiceina xunto a Daniel e Albesais (de Draco) e Fian (da tenda La Fortaleza).
- Dúas Trols nos Castros. Tivo lugar en abril de 2025, tamén na libraría A Tobeira de Oza, e tamén organizadas xunto a Daniel e Albesias, coa axuda externa de Fian.
- A xornadas de rol Con G de Rol 2022, a 1ª ed. deste evento, organizadas por e en Draco.
- Este evento tuvo unha segunda edición en 2023, na que non dirixín.
- Unha partida de rol para 20 persoas organizada polo hospital de día do Servizo de Psiquiatría e Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol en colaboración coa editorial Shadowlands e a tenda Metrópolis Cómics, en novembro de 2024, no centro cívico de Canido, onde fun un des cinco másters.
Movidas de Pórtico
- A HispaCón 2022, en Ferrol. (Aquí, na prensa.)
- As seguintes xornadas de rol online, nas que fun organizador:
- As Jornadas Pórtico 2020
- As Jornadas Pórtico 2021
- As Jornadas Pórtico 2023 – Ignotables (parte da campaña dos premios Ignotus 2023)
- As Jornadas Pórtico 2023 – RoleoAutoras
- As Jornadas Pórtico 2023 – Halloween
Blogs
- Un conato de blog sen temática.
- Tiven outros blogs alá polos 2000s, pero está ben que permanezan por sempre no esquecemento.
Historia, arte e xeografía
No Programa de Lecer dos centros socioculturais Fórum e Ágora (Concello de A Coruña), deseñei e impartín as seguintes charlas e ciclos de charlas:
- Ciclos de charlas propios:
- Rutas Asombrosas / Grandes Viaxes (2018, 2023)
- Obxectos para entender o pasado (2017)
- Todo ten a súa historia (2017)
- Charlas nos monográficos do programa:
- Os Tolos Anos Vinte. Un contexto histórico (2020 e 2024)
- Unha historia da cervexa (2023)
- Galicia e o mundo antigo e medieval a través do Atlántico (2022)
- Vida e obra de Jules Verne (2018)
- Unha historia do teatro (2016)
- Outras charlas nos seguintes ciclos:
- Por Galicia Adiante (2015, 2016, 2017, 2022)
- Artemática (2017)
- Sumérxete nas Exposicións / Explorar as Exposicións (2015, 2016)
- Art Tour (2015, 2016)
- Arte e Moda (2015, 2016)
- Galicia: Cultura, Arte e Tradición (2016)
- Inicia na Arte (2016)
- Arte Transversal (2015)
- A Ciencia da Arte (2015)
Teatro
- Como parte do grupo de teatro ATOPD (Asociación Teatral O Pixama do Diaño), do colexio maior San Agustín, en Compostela, escribín, dirixín e representei catro comedias bufas:
- Los trabajos de Hércules (2006). Con elementos do lore clásico e pop desta personaxe mitolóxica.
- Asesinato en Ashcroft Park (2007). Misterio de mansión inglesa na primeira metade do século XIX.
- La balada de Dollar Jack (2008). Un espagueti western.
- Colón debe morir (2009). Unha aventura náutica en torno ao Descubrimento.
- Tamén participei nas seguintes obras de teatro universitario, do mesmo estilo:
- Picnic (2005), tamén de ATOPD
- Todo lo que quiso saber sobre el sexo (y nunca se atrevió a preguntar) (¿2008?), co grupo Trismus, da facultade de medicina da USC
- El pájaro de Osiris (2010), tamén de ATOPD