Se non tivese chovido

“Se non tivese chovido esa noite do 17 ao 18 de xuño de 1815, o porvir de Europa tería cambiado. Algunhas pingas de auga, unha nube que atravesou o ceo fóra de tempada, dobregaron a Napoleón.

A batalla de Waterloo estaba planeada, xenialmente, para as seis da mañana; coa terra seca, a artillería podía desprazarse velozmente e teríase gañado a contenda en dúas ou tres horas. Pero choveu toda a noite; a terra estaba empantanada. O ataque comezou tarde, ás once, cinco horas despois do previsto. Isto deu tempo para a chegada de todas as tropas inimigas.

Era posible que Napoleón gañase esta batalla? Non. A causa de Wellington? Non: a causa de Deus. Non entraba na lei do século XIX un Napoléon vencedor de Wellington. Preparábase unha serie de acontecementos nos que Napoleón non tiña lugar. Xa era tempo de que caese aquel home. O seu excesivo peso no destino humano turbaba o equilibrio. Toda a vitalidade concentrada nunha soa persoa, o mundo pendente do cerebro dun só ser, tería sido mortal para a civilización.

A caída de Napoleón estaba decidida. Napoleón incomodaba a Deus.”

Estraído do capítulo I, “O 18 de xuño de 1815”, do libro primeiro, “Waterloo”, da segunda parte, “Cosette”, de Os Miserables, de Victor Hugo (1862).

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario