Son Viriato Valdés Valiña e este é o meu sitio persoal.
Como descubrirás se botas unha ollada ás cousas que vou facendo, gústanme a historia e a xeografía (e traballei de profesor destas materias), os xéneros fantásticos e xogar ao rol en galego, entre outras cousas.
Se che interesa, neste sitio tamén podes saber a que ando arestora, ou contactar comigo, ou ler algún dos escasos artigos que vou colgando por aquí.
(Este sitio é posible grazas a marabillosa xente de Fala.gal. Decidín facelo inspirado polo do meu amigo Xurxo Diz. A estrutura deste sitio está inspirada na do seu.)